Saltar ao contido

Ricaurte, Cundinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRicaurte, Cundinamarca

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°16′45″N 74°46′22″O / 4.2792, -74.7728
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie130 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude284 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webricaurte-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Ricaurte é un concello colombiano do departamento de Cundinamarca que se atopa na provincia do Alto Magdalena. Ricaurte atópase a beiras do río Magdalena, na desembocadura dos ríos Bogotá e o Sumapaz. O concello está conurbado cos municipios de Girardot (Cundinamarca) e Flandes (Tolima).

Limita polo norte cos concellos de Tocaima e Agua de Dios, polo leste co concello de Nilo e o río Sumapaz, polo sur co río Magdalena e os concellos de Flandes (Tolima), Suárez (Tolima), Carmen de Apicalá e Melgar, polo oeste cos concellos de Girardot e Flandes (Tolima) e o río Bogotá.

A historia do concello de Ricaurte está vinculada á evolución histórica do concello de Girardot, pois Ricaurte foi, nun principio, correxemento de Girardot.

Aínda que a rexión estivo habitada polo pobo indíxena dos panches en tempos antes da conquista, o concello nace como un asentamento na beira do río Magdalena nas proximidades de Girardot, denominándose inicialmente como correxemento de "Peñalisa", xurisdición do distrito de Girardot.

Coa caída do sector agroindustrial de Girardot, a nova dinámica económica da rexión na actividade turística, e a construción da nova vía dende Bogotá até Girardot, favoreceuse en gran medida o correxemento, que tivo un auxe coa construción de paraxes sobre a vía e lugares de aloxamento, até consolidarse como concello en 1968 co nome actual. O crecemento urbano do concello esténdese sobre a Vía Panamericana até conurbarse con Girardot.

O Plan de Ordenamento Territorial dálle a categoría de oncello pertencente á área metropolitana de Girardot na consolidación da cidade rexión (como centro rexional).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]